Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

29 de enero de 2020  por SEA
Foto

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, e o alcalde de Malpica, Walter Pardo, mantiveron onte pola mañá unha reunión en Santiago de Compostela na que o rexedor trasladou as ideas do novo goberno local para impulsar un cambio na situación do parque empresarial de Malpica.

Sestayo amosou a súa "satisfacción pola enorme implicación do alcalde no desenrolo industrial e empresarial do seu Concello, compartida na SEA” e trasladou que a reunión “serviu para avanzar no planteamento de novas opcións para o plan de comercialización de 2020 que fagan máis atractivo o asentamento de empresas no concello".

Por parte do Concello de Malpica douse traslado de ideas que axuden a impulsar a actividade empresarial no polígono, con accións encamiñadas a novos plans que incrementen as posibilidades de incorporación ao mercado industrial de novas empresas, así como dotar de facilidades ao empresariado xa asentado na zona.

Dende o Concello de Malpica púxose en valor que transcurridos once anos dende a finalización do parque empresarial, SEA impulsou a finais do pasado ano o primeiro proxecto para o asentamento de empresas, ao poñer dispoñibles seis parcelas baixo o réxime de dereito de superficie, que permite ás empresas comezar a actividade industrial sen necesidade de adquirir o chan e poidendo aprazar a maior parte da inversión.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, indicou que “un dos nosos principais proxectos para mellorar a nosa vila pasa por darlle un pulo ao parque empresarial de Malpica, xa que ademáis de reactivar o sector comercial axudaría a incrementar a poboación e viría reafirmar o que levamos dicindo desde que entramos no goberno: Malpica é un lugar para vivir”.

Fuente:
QUE PASA NA COSTA