Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

A EMPRESA RENOBAT GALICIA CREARÁ 11 EMPREGOS EN RIANXO COA SÚA NOVA NAVE NO PARQUE EMPRESARIAL XESTIONADO POR “SEA”

5 de marzo de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, analizou co responsable da empresa o proxecto da futura instalación, que estará rematada en torno a setembro

O parque empresarial de Rianxo conta co 33% das súas parcelas vendidas

Beatriz Sestayo destacou a “enorme potencialidade” deste parque empresarial, no que hai varias empresas xa interesadas en adquirir chan

Xoves, 5 de marzo de 2020

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, desprazouse esta mañá ata Rianxo para coñecer de primeira man o proxecto, xa en obras, da empresa Renobat Galicia, que se ubicará nunha parcela do parque empresarial adquirida no ano 2018.

A compañía iniciou xa os traballos para construir a súa nave empresarial, co obxectivo de ter finalizadas as obras en torno a setembro ou outubro, segundo sinalou o seu xerente, José Benito Vilarnovo. A compañía, actualmente ubicada en Boiro, desprazarase así a Rianxo, onde incrementará a súa plantilla actual ata os 11 empregados.

Renobat Galicia situarase na parcela 36 do parque empresarial, de 3.046 metros cadrados, adquirida a SEA por 175.449 euros máis IVE. As novas instalacións contarán cunha nave de 500 metros, con taller de carretillas elevadoras e maquinaria agrícola e industrial así como con espazo de oficinas.

Vilarnovo puxo en valor a boa ubicación do parque empresarial, que permitirá á compañía “estar máis céntrica e máis preto das empresas coas que traballa na zona”.

Beatriz Sestayo, que enmarcou a visita na súa “folla de ruta” para supervisar os distintos proxectos existentes nos 13 parques empresariais que xestiona a entidade en Galicia, incidiu tamén nas potencialidades que, especialmente, ten o parque empresarial de Rianxo.

“Creo moito nun polígono como o de Rianxo que ten unha potencialidade esencial e no que se poden xenerar importantes sinerxias entre as empresas xa instaladas”, remarcou. En paralelo, con esta visita, afóndase no seu obxectivo de “coñecer as demandas empresariais para implantar melloras e seguir medrando”.

Asimismo, tamén avanzou que hai máis empresas actualmente interesadas no polígono, coa SEA traballando para ser “axente non só pasivo senón tamén dinamizador do crecemento socioeconómico en Galicia”, co polígono de Rianxo “sen dúbida como un dos que poden ser punteiros”.

PARQUE EMPRESARIAL DE RIANXO
O parque empresarial de Rianxo conta cunha superficie bruta de 371.728 metros cadrados e neta de 200.156, deseñado tanto para empresas do sector industrial como terciario.


Actualmente están instaladas ou son propietarias de solo as empresas Metales Taragoña, La Cambra, Neumáticos Milocho, Exclusivas Tembra, Tarrío y Suárez, Conservera Ramón Franco, Transagonza, Proameixa, Tanatorio M. Sánchez, Neumáticos Seco, Electrocambio ou Cortizo Conservas, ademáis dunha gasolineira. Nos próximos meses está previsto que inicien a súa actividade Renobat Galicia e Transportes Potel.

“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”

Suelo Empresarial do Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.