Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

A XERENTE DE “SEA” ABORDA CO ALCALDE DA CAÑIZA A POSIBILIDADE DE IMPULSAR SOLO INDUSTRIAL NA LOCALIDADE

15 de diciembre de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

    • A xerente de “SEA”, Beatriz Sestayo, e o Alcalde da Cañiza (Pontevedra), Luis Piña, mantiveron unha reunión telemática para continuar analizando a demanda de solo industrial na localidade
    • Beatriz Sestayo e os técnicos de “SEA” desprazaranse o 11 de xaneiro á Cañiza para abordar de xeito máis pormenorizado a demanda de parque empresarial
    • O Alcalde da Cañiza, Luís Piña expuxo as ventaxas do seu Concello e tanto o rexedor como a xerente de “SEA” coincidiron en destacar que se trata dun lugar estratéxico do Sur de Galicia.

Martes, 15 de decembro de 2020

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, e o alcalde da Cañiza, Luís Piña, mantiveron este martes unha nova reunión telemática por videoconferencia para proseguir o estudo sobre o solo industrial na localidade e a posible existencia de demanda empresarial.

No marco da estratexia de expansión que está a desenvolver “Suelo Empresarial del Atlántico”, organismo dependente nun 84% do Ministerio de Transportes a través de SEPES, a xerente, Beatriz Sestayo, está mantendo reunións con representantes municipais de distintos concellos, co obxectivo de evaluar a existencia de demanda real de solo industrial, que permita impulsar o crecemento económico das diferentes localidades galegas.

Neste senso, Beatriz Sestayo lembrou que na actualidad “SEA” xestiona 13 polígonos empresariais en Galicia, nas provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra. No caso de abordar o desenvolvemente de novos proxectos estarán rexidos por principios de demanda real e ubicación, así como implicación da propia administración local.

No caso da Cañiza, para poder abordar de xeito pormenorizado a situación industrial da localidade, Beatriz Sestayo comprometeuse a realizar, xunto con técnicos da entidade, unha visita á Cañiza o próximo 11 de xaneiro.

Tanto o rexedor da Cañiza como a xerente de “SEA” coincidiron en destacar que o Municipio conta cunha situación estratéxica inmellorable no tocante ás comunicación. Para o Alcalde Luis Piña “A  Cañiza é o nexo sur de Galicia” ao estar comunicada con Vigo, Ourense, Santiago, Madrid, por vías de alta capacidade que a “avalan para converter un futuro polígono, entre outros usos, en plataforma loxística para almacenaxe e transporte”.

Dende “SEA” valorarase esta actuación, do mesmo xeito que se está a facer coas demáis que se están a prantexar á entidade, e ante as posibilidades de que exista unha demanda real empresarial, co obxectivo final de contribuir ao “desenvolvemento socio económico de Galicia”, incidiu Sestayo.

REUNIÓN CON VEGALSA-EROSKI

Doutra banda, a xerente de “SEA” tamén mantivo este martes unha reunión en Santiago de Compostela cos representantes de Vegalsa-Eroski para abordar a disposición de solo industrial nos distintos polígonos que xestiona a entidade.

“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”

Beatriz Sestayo lembrou que “Suelo Empresarial del Atlántico” xestiona na actualidade 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

“Suelo Empresarial del Atlántico”, S.L., S. M.E., é unha sociedade que está participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.