Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

28 de enero de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

O rexedor e a xerente mantiveron a xuntanza hoxe en Santiago de Compostela

Martes, 28 de xaneiro 2020

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. SME (SEA), Beatriz Sestayo, e o alcalde de Malpica, Walter Pardo, mantiveron esta mañá unha reunión en Santiago de Compostela na que o rexedor trasladou as ideas do novo goberno local para impulsar un cambio na situación do parque empresarial de Malpica.

Sestayo amosou a súa "satisfacción pola enorme implicación do alcalde no desenrolo industrial e empresarial do seu Concello, compartida na SEA” e trasladou que a reunión “serviu para avanzar no planteamento de novas opcións para o plan de comercialización de 2020 que fagan máis atractivo o asentamento de empresas no concello".

Por parte do Concello de Malpica douse traslado de ideas que axuden a impulsar a actividade empresarial no polígono, con accións encamiñadas a novos plans que incrementen as posibilidades de incorporación ao mercado industrial de novas empresas, así como dotar de facilidades ao empresariado xa asentado na zona. Dende o Concello de Malpica púxose en valor que transcurridos once anos dende a finalización do parque empresarial, SEA impulsou a finais do pasado ano o primeiro proxecto para o asentamento de empresas, ao poñer dispoñibles seis parcelas baixo o réxime de dereito de superficie, que permite ás empresas comezar a actividade industrial sen necesidade de adquirir o chan e poidendo aprazar a maior parte da inversión.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, indicou que “un dos nosos principais proxectos para mellorar a nosa vila pasa por darlle un pulo ao parque empresarial de Malpica, xa que ademáis de reactivar o sector comercial axudaría a incrementar a poboación e viría reafirmar o que levamos dicindo desde que entramos no goberno: Malpica é un lugar para vivir”.

SEIS PARCELAS EN RÉXIME DE DEREITO DE SUPERFICIE

O parque empresarial de Malpica conta cunha superficie bruta de 54.979 m² e neta de 30.989, cunha edificafibilidade industrial de 13.655 m², terciaria de 18.990 e total de 32.645. SEA oferta no parque empresarial de Malpica seis parcelas en réxime de dereito de superficie, das que catro contan cunha superficie de 1.000 metros mentres que as dúas restantes alcanzan os 1.466,47 metros cadrados. Os dous primeiros anos, os adxudicatarios terían que abonar 900 euros anuais máis IVE no caso das parcelas de 1.000 metros e 1.319,82 máis IVE, tamén ao ano, para as de 1.466 metros cadrados.

O terceiro e o cuarto ano as cifras incrementaríanse levemente, pasando a 1.500 e 2.199,71 euros, en función do tamaño da superficie. A partir do quinto ano, o empresario poderá optar por comprar a parcela, cun desconto parcial das cantidades que abonou anteriormente, ou ben seguir baixo este réxime, abonando un canon anual, coas actualizacións correspondentes, ata un máximo de 30 anos.

Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.