Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

A XERENTE DE “SEA”, BEATRIZ SESTAYO, VISITA EMPRESA DE NARÓN PARA PROFUNDIZAR NO FUTURO LOXÍTICO DA COMARCA

11 de marzo de 2020
Foto

Beatriz Sestayo foi convidada pola empresa a coñecer a súa actividade e os seus proxectos futuros de ampliación

A xerente de “SEA” lembrou a súa aposta polo desenvolvemento dunha plataforma loxística na zona de Leixa, na que Suelo Empresarial do Atlántico conta en propiedade con 235.000 metros cadrados, co obxectivo de que dera servizo aos polígonos e áreas industriais da zona


Narón (A Coruña), 11 de marzo de 2020

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, realizou este mércores unha visita á empresa Blavice, ubicada no polígono industrial de Río do Pozo, en Narón, a petición da propia compañía, que lle amosou as súas instalacións e lle explicou os seus futuros proxectos de ampliación.

Na visita estivo acompañada do Xestor de Contas, Víctor Fernández Carrera, así como doutros profesionais da compañía, que lle expuxeron as súas vías actuáis de negocio.

Con esta visita, Beatriz Sestayo afondou no ámbito empresarial da loxística, á que se adica en grande medida esta compañía, co obxectivo de coñecer de primeira man un sector punteiro en Galicia.

A xerente de “SEA” lembrou a súa aposta por impulsar unha área loxística en Ferrol, que se desenvolva no espazo de Leixa, no que Suelo Empresarial do Atlántico xa dispón de ata 235.000 metros cadrados de superficie, e co obxectivo de que serva de pulo ás distintas áreas industriais e empresariais da comarca.

“Creo firmemente na aposta pola loxística na zona de Ferrolterra”, destacou Sestayo, que agradeceu a invitación da compañía a coñecer a súa empresa e os seus futuros proxectos de ampliación.

Segundo expuxeron os responsable de Blavice, a empresa conta na actualidade con 93 traballadores.


“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”

Suelo Empresarial do Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.