Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

A XERENTE DE “SEA” E O ALCALDE DA CAÑIZA ABORDAN A SITUACIÓN DO SOLO INDUSTRIAL NA LOCALIDADE

28 de julio de 2020
Foto

• A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, mantivo unha reunión con Luís Piña, para abordar a situación industrial da localidad

• Beatriz Sestayo e Luis Piña coincidiron na industria sostible como aposta de futuro

MARTES, 28 de xullo de 2020

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, mantivo esta mañá unha reunión, nas dependencias da entidade en Santiago de Compostela, co alcalde da Cañiza (Pontevedra), Luís Piña, co obxectivo de abordar a situación industrial da localidade.

No transcurso da reunión, Beatriz Sestayo destacou a importancia da industria como sector económico de desenvolvemento do país e para a creación de emprego e, en particular, da industria sostible como aposta de futuro.

A xerente de “SEA” comprometeuse, ademáis, a realizar unha visita á Cañiza para poder coñecere de primeira man as posibilidades do concello, que conta cunha “situación estratéxica” en Galicia e, en concreto, na provincia de Pontevedra.

Pola súa banda, o alcalde da Cañiza resaltou que a reunión xurdiu a petición propia co obxectivo, en primeiro lugar, de coñecer o marco competencial de SEA, dentro do interese do concello de valorar e estudar as posibilidades empresariais e industriais do municipio.

Luis Piña transmitiu o interese municipal no asentamento industrial e nas posibilidades de disponer de solo empresarial, tendo en conta ademáis a situación “privilexiada” do concello, en plena arteria da A-52, equidistante de Ourense e Vigo e moi próximo do futuro porto seco.

Actualmente, A Cañiza dispón de tres espazos industriais, dos que dous foron promovidos polo Concello e un terceiro, a piques de arrincar, promovido por iniciativa privada. Aínda así, “de cara ao futuro, estamos interesados no asentamento empresarial e na futura creación de emprego”.

Sestayo lembrou que Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.


 

Fuente:
Suelo Empresarial del Atlántico