Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

A XERENTE DE SEA E O ALCALDE DA LARACHA ABORDAN A PRÓXIMA AMPLIACIÓN DO POLÍGONO NOS TERREOS POLOS QUE OPTOU O CONCELLO

A XERENTE DE SEA E O ALCALDE DA LARACHA ABORDAN A PRÓXIMA AMPLIACIÓN DO POLÍGONO NOS TERREOS POLOS QUE OPTOU O CONCELLO

19 de febrero de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

• A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo e o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, reuníronse en Santiago de Compostela para continuar dando pasos para a ampliación do parque empresarial, dada a súa elevada porcentaxe de ocupación

• Beatriz Sestayo avanzou que SEA se encargará da elaboración dun informe técnico para avaliar a ampliación do polígono, nos terreos polos que optou o Concello


• O alcalde da Laracha valorou moi “positivamente” a reunión para “conxuntamente” dar pasos para lograr ampliar o “polígono máis apetecible da cornixa norte”


Mércores, 19 de febreiro de 2020

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, S.L., S. M.E., Beatriz Sestayo, mantivo esta mañá unha reunión na sede de SEA en Santiago de Compostela co alcalde da Laracha, co obxectivo de avanzar no plan que permita ampliar o polígono empresarial da localidade, debido á súa elevada porcentaxe de ocupación, en torno ao 70%.

Segundo avanzou Beatriz Sestayo, o Concello informou dos terreos polos que optou para que se acometa a ampliación, polo que Suelo Empresarial do Atlántico encargará “un estudo para analizar tecnicamente esta ampliación e os seus custos”.

“Seguiremos avanzando satisfactoriamente na ampliación do polígono da Laracha, despois de que o Concello elixira por onde aspira a que creza o parque empresarial”, destacou Beatriz Sestayo.

Tamén o rexedor da Laracha valorou moi “positivamente” a reunión na que se abordou a situación do “polígono máis apetecible da cornixa norte” e na que se continuou “conxuntamente dando pasos para lograr a ampliación do parque empresarial”, “para que ningún interesado en instalarse non polígono da Laracha quede sen facelo por falla de espazo”.

“Aínda que sabemos que o proceso vai ser máis longo do que nos gustaría estanse dando pasos, de momento temos chan  pero hai que ir traballando na futura ampliación, en vista da localización do polígono, dos servizos cos que conta e contando que temos marcas internacionais que tamén serven de atractivo”, resaltou José Manuel López Varela.

Na reunión participaron tamén o concelleiro de Urbanismo e Obras, Jesús Souto e o técnico de SEA, José Rey. O parque empresarial da Laracha conta cunha superficie bruta de ata 825.249 metros cadrados e neta de 537.925 e está deseñado para aloxar empresas do sector industrial e terciario.

Na actualidade son 16 as empresas que xa comezaron a operar ou adquiriron chan para a súa próxima instalación, entre as que se contan compañías como Inditex.

“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”

Na actualidade, Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.