Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

12 de enero de 2021
Foto

A Xerente de “SEA”, Beatriz Sestayo, e técnicos da entidade desprazáronse á Cañiza (Pontevedra) para coñecer a situación de chan industrial e empresarial na localidade

Xunto co alcalde, Luís Piña, e concelleiros do goberno municipal, Beatriz Sestayo desprazouse polos espazos industriais e empresariais da Cañiza e a posibles ubicacións de futuro chan industrial

O Alcalde da Cañiza e a Xerente de “SEA” coincidiron en destacar a ubicación estratéxica do Concello, pola súa proximidade e excelentes comunicación tanto con Vigo como con Ourense, xunto á proximidade a Portugal

Martes, 11 de xaneiro de 2021

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, acompañada de técnicos da entidade dependente do Ministerio de Transportes a través de SEPES, desprazouse este luns ata o concello da Cañiza (Pontevedra), en cumprimento do compromiso acadado en decembro co alcalde, Luís Piña, para analizar e coñecer a situación de solo industrial na localidade e a posible existencia de demanda empresarial.

A xerente de “SEA” realizou unha primeira visita institucional ao Concello, acompañada do alcalde e dos edís da corporación e procedeu a asinar no Libro de Honra municipal. Na recepción institucional participaron  concelleiros de goberno, ademáis do director comercial, José Rey Hermida.

A continuación, e co obxectivo de coñecer de xeito concreto a situación empresarial da localidade, desprazáronse ata as áreas industriais de Ribadil I, Ribadil II e Parque Uceira e a posibles ubicacións para o desenvolvemento de chan tanto industrial como empresarial. 

A reunión xurde do interese amosado polo rexedor en mellorar a oferta industrial do municipio, ante a súa situación próxima tanto a Vigo como Ourense e a cercanía a Portugal e enmárcase nas xestións que está a realizar a actual xerente no marco da estratexia de expansión que está a impulsar a entidade “Suelo Empresarial del Atlántico”.

Neste senso, Beatriz Sestayo lembrou que na actualidade “SEA” xestiona 13 polígonos empresariais en Galicia, nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. No caso de abordar o desenvolvemente de novos proxectos estarán rexidos por principios de demanda real e ubicación, así como a implicación da propia administración local.

Dende “SEA” valorarase esta actuación, conforme aos principios esenciais da existencia dunha demanda empresarial e unha ubicación óptima co obxectivo final de contribuir ao “desenvolvemento socio económico de Galicia”, incidiu Sestayo.

“Hoxe contrastamos a ubicación estratéxica da Cañiza, así como a claridade do proxecto do Concello no desenvolvemento socio económico da zona. O Concello remitirá en breve un estudo detallado que valoraremos dende a convicción de que é un lugar enormemente interesante e de expectativa para a creación de riqueza e emprego”, expuxo Beatriz Sestayo.

LUÍS PIÑA DESTACA A UBICACIÓN ESTRATÉXICA DA CAÑIZA

O alcalde, destacou “o paso importantísimo” da presenza da xerente de “SEA” e dos técnicos da entidade. “Queda camiño pero esperamos culminalo con froitos. Agradecer a predisposición que existe do organismo, dependente do Goberno de España”.

“Somos o centro do sur de Galicia, dende un punto de vista estratéxico estamos nun sitio con  moitísimo potencial. En relación coas vías de comunicacións, Vigo, Ourense e o norte de Portugal, coa cercanía importante á Plisan. En ano e medio que levo de alcalde xa recibín chamadas de varias iniciativas mercantís e empresariais interesadas en áreas industriais da Cañiza e, a día de hoxe, aínda sabendo as complicacións do pasado ano 2020 debido á pandemia da COVID-19, temos unha importante demanda e un problema de disponibilidade de solo industrial. Temos potencial, temos demanda, temos ubicación pero non temos solo industrial”, concluiu.

“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”

O pasado ano 2020, pese a complexa situación derivada da pandemia da COVID-19, “Suelo Empresarial del Atlántico” conseguiu seguir impulsando o asentamento industrial e empresarial nos polígonos das súas competencias, con logros como os acordos pechados con Conservas Cerqueira en Rianxo ou Vinova Group e Sogama en Vilanova de Arousa, polígonos que en ámbolos casos levaban anos sen rexistrar importantes avances.

Beatriz Sestayo lembrou que “Suelo Empresarial del Atlántico” xestiona na actualidade 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

“Suelo Empresarial del Atlántico”, S.L., S. M.E., é unha sociedade que está participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.