Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

ADXUDICADA EN MUROS A PRIMEIRA PARCELA, DE CASE MIL METROS, EN RÉXIME DE DEREITO DE SUPERFICIE

7 de abril de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, informou de que no Consello de Administración, celebrado este luns 6 de abril por vía telemática, autorizouse a adxudicación dunha parcela de case mil metros cadrados no polígono industrial de Muros

A empresa adxudicataria poderá así utilizar unha parcela de 977 metros cadrados, pola que aboará o primeiro e o segundo ano unha cantidade de 1.172 euros e coa que poderá facerse en propiedade, no caso de estar interesado, ao quinto ano

Beatriz Sestayo resaltou a importancia desta concesión, posto que a posta a disposición de parcelas en Dereito de Superficie é unha das medidas que se están a poñer en marcha para facilitar a ubicación de empresas en polígonos con menos ocupación

Actualmente, ofrécense parcelas en dereito de superficie en Muros, Cee, Malpica, Vilanova, Catoira e Mondoñedo e estase a xestionar introducir esta modalidade noutros dos polígonos de “SEA”

Martes, 7 de abril de 2020

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, informou hoxe de que no Consello de Administración que se celebrou este luns 6 de abril foi autori-zada a adxudicación dunha parcela de case mil metros cadrados no polígono indus-trial de Muros (A Coruña), en condicións de Dereito de Superficie, o que constitúe unha importante noticia, dado a aposta que se está a facer SEA por este modelo para favorecer a implantación de novas empresas.

O Consello de Administración, que se tivo que desenvolver por vía telemática debido ó contexto actual de Estado de Alarma, autorizou a concesión en Dereito de Superficie da parcela número 12 da manzana 4 do Parque Empresarial de Muros.

A superficie total é de 977,12 metros cadrados. Conforme a este réxime, o ca-non fixado é de tan só 1.172,57 euros ao ano, o primero e o segundo ano – 97 euros ao mes--, e de 1.954,28 euros o terceiro e cuarto ano. A partir de ahí, a cantidade sería de 2.375,99 euros anuais ata alcanzar os 30 anos máximos de vixencia deste dereito, se ben o adxudicatario podería facerse coa propiedade da parcela, se a mer-ca o quinto ano. No custe total reduciranse parcialmente as cantidades abonadas os anos anteriores.

Beatriz Sestayo destacou a importancia desta primeira adxudicación no réxime de Dereito de Superficie, á que espera que sigan outras máis, posto que se trata dunha das súas apostas para reactivar polígonos nos que se detecta unha menor ocupación.

Actualmente, o Dereito de Superficie estase a ofertar nos polígonos de Cee, Malpica, Muros, Vilanova, Catoira e Mondoñedo, pero xa se está a elaborar o primei-ro Plan Estratéxico da entidade, no que se incluirán, entre outros, cambios neste as-pecto. Algúns dos polígonos nos que se podería ofertar próximamente parcelas en Dereito de Superficie serían tamén o de Vimianzo, ademáis de introducir cambios nos que xa se está a ofertar, como Vilanova de Arousa ou Catoira, para tentar impulsar o seu crecemento.

BEATRIZ SESTAYO: “OPCIÓN MOI ATRACTIVA”

Beatriz Sestayo incidiu en que se trata dunha opción “moi atractiva” para o em-presariado, xa que se “pode aprazar parte da inversión nos primeiros anos, co que se facilita que as empresarias e os empresarios poidan iniciar a súa actividade, sen ter que facer un gran desembolso inicial e, deste xeito, dende SEA favorecemos o asen-tamento de novas empresas”.

Durante este ano 2020 avanza que está previsto revisar de novo todas estas opcións no seu Plan Estratéxico, “o primeiro co que contará SEA dende a súa consti-tución”, co fin de que se “introduzan medidas que incentiven a instalación de empre-sas”. Entre outros aspectos, tamén se terá en conta a colaboración dos propios Con-cellos e as medidas que impulsen dende as súas competencias.


“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”

O polígono industrial de Muros dispón dunha superficie bruta de 196.207 me-tros cadrados e neta de 92.194. Está ubicado na parroquia de Serres, a tan só 1,5 kilómetros do núcleo urbano.

“Suelo Empresarial del Atlántico” xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincias de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimian-zo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo— e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asintan máis dun centenar de empresas.

“Suelo Empresarial del Atlántico”, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; en 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Gali-cia.