Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

Parque Empresarial de Laracha

16 de abril de 2019  por Gabinete Prensa Concello da Laracha
Foto

O ALCALDE E A NOVA XERENTE DE SEA ANALIZAN O PRESENTE E O FUTURO DO PARQUE EMPRESARIAL DA LARACHA

 A Laracha, 16 de abril de 2019.-

  • José Manuel López Varela recibiu no Concello a Beatriz Sestayo.
  • A ocupación do polígono alcanza o setenta por cento do terreo que saíra á venda.
  • Acordouse que se estudará a ampliación do parque empresarial en previsión da futura demanda de solo industrial.

 

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, recibiu na Casa do Concello a Beatriz Sestayo, a nova xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), e a José Rey, responsable comercial da mesma sociedade pública que é titular do parque empresarial da Laracha.

 

A reunión foi convocada cos propósitos prioritarios de manter a primeira toma de contacto tralo cambio de xerencia en SEA, analizar a situación actual do polígono industrial larachés e comezar a planificar o futuro desta infraestrutura a medio e longo prazo.

 

Nestes momentos o da Laracha é un dos parques empresariais con maior potencial de desenvolvemento da provincia da Coruña. Presenta unha ocupación que alcanza o setenta por cento do total do terreo industrial que saíra á venda, albergando a actividade de empresas de primeira orde mundial en diferentes sectores.

 

Ademais, varias sociedades están a mostrar o seu interese por investir e implantarse no ámbito do parque empresarial. Precisamente o alcalde e os representantes de SEA, aproveitando a súa presenza na Laracha, mantiveron un encontro co responsable dunha delas. Por tanto, estímase que o solo industrial dispoñible será insuficiente a medio ou longo prazo para atender a futura demanda.

 

É por iso que o alcalde e os representantes de SEA acordaron estudar a viabilidade dunha futura ampliación do parque empresarial público da Laracha, máis aínda tendo en conta a previsión de incremento da actividade no cercano porto exterior de Punta Langosteira.

 

Desde o Concello da Laracha agradecemos a visita de Beatriz Sestayo e, do mesmo xeito que sucedera coas anteriores xerencias de SEA, valoramos de xeito moi positivo a súa predisposición para alcanzar acordos e tomar medidas que beneficien o futuro industrial, empresarial e económico do municipio.

Fuente:
Gabinete Prensa Concello da Laracha