Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

“SEA” COLABORARÁ ACTIVAMENTE CO MAPA DE PARQUES INDUSTRIAIS QUE ELABORA A FEGAPE

16 de julio de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

    • A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, mantivo unha reunión con Isaac Rodríguez, administrador dos polígonos de Alvedro, Espírito Santo y Teixeiro e representante de Fegape

    • Beatriz Sestayo transmitiu a súa plena disposición a colaborar para impulsar o “coñecemento, a divulgación e a mellora dos parques empresariais de Galicia”

Xoves, 16 de xullo de 2020

“Suelo Empresarial del Atlántico”, “SEA”, colaborará activamente na elaboración do mapa de polígonos industriais que está a facer a Federación Galega de Parques Empresariais.

Así o acordaron en Santiago de Compostela a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, e o representante de Fegape e administrador dos polígonos de Alvedro, Espírito Santo e Teixeiro, Isaac Rodríguez.

Isaac Rodríguez agredeceu a colaboración e disposición de SEA a participar no traballo iniciado para coñecer todos os parques empresarias de Galicia, de diferente titularidade, co obxectivo de poder instar á Xunta a adecuar políticas públicas e subvencións a ditas necesidades. Recentemente, a xerente de SEA xa amosou tamén o seu apoio á petición de FEGAPE de que Galicia conte cunha lei unificada de parques empresariais.

Beatriz Sestayo, pola súa banda, agradeceu a labor desenvolvida por Fegape e destacou a “importancia de todos os avances que se produzan cara ao coñecemento, divulgación e mellora dos parques empresariais e industriais de Galicia”.

Sestayo lembrou que Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.