Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

“SEA” E A DEPUTACIÓN DE LUGO ANALIZAN VÍAS DE COLABORACIÓN PARA IMPULSAR O CRECEMENTO EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DA PROVINCIA

10 de marzo de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

Suelo Empresarial del Atlántico xestiona catro polígonos industriais na provincia de Lugo, que suman máis de 870.000 metros cadrados

 

Luns, 10 de marzo de 2020

 

A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, abordou vías de colaboración co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, de cara a impulsar o desenvolvemento industrial da provincia, na que SEA xestiona catro parques empresariais –Monforte de Lemos, Rábade, Chantada e Mondoñedo-- que suman máis de 870.000 metros cadrados de superficie.

 

Na reunión mantida na Deputación de Lugo, Beatriz Sestayo e José Tomé comprometéronse a buscar sinerxias de traballo comúns que permitan impulsar e mellorar o desenvolvemento empresarial da provincia, na que os parques empresariais de SEA constitúen un polo de atracción importante e reflexan datos de ocupación e emprego moi elevados na súa maioría.

 

En concreto, o polígono de Monforte conta cunha superficie bruta de 365.675 metros cadrados, o de Rábade con 323.160, o de Chantada con 111.791 e o de Mondoñedo 70.000.

 

No caso de Chantada a ocupación alcanza o 91% do solo dispoñible --só queda libre un espazo de 8.022 metros cadrados--, en Rábade está ocupado o 84% – dispoñibles só 39.715 m2-- e Monforte está vendido nun 75% --restan dispoñibles só 70.813 m2--, mentras que en Mondoñedo está vendido no 10% do total.

 

Beatriz Sestayo destacou tras a visita a súa “satisfacción pola implicación do presidente da Deputaciòn, José Tomé Roca, na colaboración da estratexia de crecemento económico da provincia de Lugo”.

 

“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”

Suelo Empresarial do Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

 

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.