Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

SEA E CONCELLO DE MESÍA ESTUDARÁN A VIABILIDADE DA CREACIÓN DUN PARQUE EMPRESARIAL NA LOCALIDADE

12 de febrero de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, reuniuse en Santiago co alcalde de Mesía, Mariano Iglesias

O Concello remitirá un proxecto con memoria explicativa para analizar e valorar a viabilidade técnica e económica do posible parque empresarial

 

Mércores, 12 de febreiro de 2020

 

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, S.L., S. M.E., Beatriz Sestayo, mantivo este mércores unha reunión co alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, a petición do rexedor, co obxectivo de estudar a viabilidade da creación dun polígono industrial no municipio.

 

Nun encontro que se celebrou en Santiago de Compostela, no que o alcalde informou a Beatriz Sestayo sobre a situación socioeconómica de Mesía, acordouse que o Concello remitirá a Suelo Empresarial do Atlántico (SEA) un proxecto con memoria explicativa no que se analice e se valore a viabilidade técnica e económica do posible parque empresarial.

 

Beatriz Sestayo valorou moi positivamente o “interese mutuo en abordar con rigor as posibilidades de desenvolvemento empresarial, de acordo coa demanda que se acredite”.

 

Na actualidade, Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

 

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.