Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

“SEA” E O CONCELLO DE VIMIANZO ABORDAN MELLORAS NO POLÍGONO, COMO A OFERTA DE PARCELAS EN DEREITO DE SUPERFICIE OU FUTUROS PLANS DE FINANCIACIÓN

22 de febrero de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, abordaron posibles propostas para o polígono, que serán trasladadas dende o Concello ó ámbito empresarial

Entre as propostas, figura analizar a posibilidade de instalar un punto de recarga de vehículos eléctricos dada a ubicación do polígono; a oferta de parcelas en Dereito de Superficie se existe demanda e o desenvolvemento de novos plans de financiación

Sábado, 22 de febreiro de 2020

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, mantiveron esta semana unha nova xuntanza na que abordaron distintas propostas para impulsar o asentamento empresarial no polígono da localidade, entre as que figuran analizar a oferta de parcelas en Dereito de Superficie se existe demanda e o desenvolvemento de novos plans de financiación.

Beatriz Sestayo y Mónica Rodríguez avanzaron que acordarán entre Concello e SEA cales serán as parcelas que se poderán ofertar en dereito de superficie para facilitar inversión e asentamento de empresas.

Asimismo, Beatriz Sestayo puxo de relevo que a intención de SEA é que Vimianzo sexa punteiro no seu plan para “a instalación de puntos de carga eléctrica de vehículos, dentro da liña que impulsará Suelo Empresarial del Atlántico para fomentar a sustentabilidade e o desenvolvemento empresarial, acorde co Medio Ambiente” e en paralelo á progresiva modernización dos seus polígonos empresariais.

Como terceiro punto, Beatriz Sestayo explicou que a SEA está avaliando novas fórmulas de financiación, que serán presentadas en breve, como obxectivo de favorecer a implantación de empresas.

Ao termo do encontro, Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, valorou moi positivamente a importancia de implantar medidas como o Dereito de Superficie no parque empresarial porque “sumará para que os empresarios poidan comezar a súa actividade con máis facilidades”, xunto coa posibilidade de contar con novas formas de financiación.

En paralelo, amosou a súa satisfacción pola posibilidade de que o polígono conte cun punto de recarga para vehículos eléctricos, ao ter “unha ubicación extraordinaria”. “O Concello colaborará nas súas posibilidades na implantación de medidas de sostenibilidade enerxética”, avanzou.

Nas próximas semanas dende o Concello darase a coñecer ao sector empresarial para comunicar as distintas propostas e avanzar na implantación das empresas que xa teñen amosado o seu interese no polígono.

“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”

O Parque Empresarial de Vimianzo está desenvolvido dende unha superficie bruta de 335.000 metros cadrados, dos que aproximadamente se destinan 169.000 a parcelas de diferente uso para dar cabida a todo tipo de actividades empresariais.

Suelo Empresarial do Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.