Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

A XERENTE DE “SEA” E A ALCADESA DE VIMIANZO RETOMAN ACCIÓNS PARA IMPULSAR O POLÍGONO

25 de mayo de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, reuniuse en Vimianzo con Mónica Rodríguez para avanzar na oferta de parcelas en dereito de superficie e analizar a necesidade de que dende a Xunta de Galicia se enlace a Vía da Costa da Morte co polígono industrial

Beatriz Sestayo e Mónica Rodríguez mantiveron reunións con representantes do tecido empresarial interesados no polígono e co representante da Plataforma Corredor Xusto

Luns, 25 de maio de 2020

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, mantivo esta mañá unha reunión na Casa Consistorial de Vimianzo coa alcaldesa, Mónica Rodríguez, co obxectivo de retomar as xestións para o impulso do polígono que SEA xestiona na localidade e que conta cunha superficie bruta de 335.095 metros cadrados.


Co obxectivo de impulsar o crecemento e o asentamento empresarial, no transcurso da visita ao Concello, a xerente de SEA e a alcaldesa mantiveron reunións con representantes do sector empresarial e da Plataforma Corredor Xusto.

En primeiro lugar, Beatriz Sestayo lembrou o traballo iniciado para poñer en marcha o primeiro Plan Estratéxico co que contará SEA dende a súa constitución e que se elaborará dacordo cos concellos e os distintos operadores e axentes implicados e que analizará de xeito concreto as necesidades de cada un dos 13 parques empresariais de SEA en Galicia.

No ámbito concreto de Vimianzo incidiu no obxectivo de establecer parcelas en réxime de Dereito de Superficie, que permiten que o adxudicatario poida establecerse na parcela sen ter que mercala, polo que durante os primeiros anos tería que facer frente a cantidades que poderían rondar só os 100 euros ao mes e decidir a partir do quinto ano se facer efectiva a compra –con desconto parcial das cantidades abonadas previamente—ou ben seguir neste réxime ata 30 anos.

  Unha opción “moi atractiva”, segundo resaltou Beatriz Sestayo, e que ven de dar os seus froitos en Muros, onde o 7 de abril SEA adxudicou unha parcela de 977,12 metros cadrados, en dereito de superficie, por un canon de tan só 1.172,57 euros ao ano. Este tipo de adxudicación está vixente tamén en Malpica, Cee, Vilanova, Catoira e Mondoñedo.

ACCESO AUTOVÍA

Doutra banda, nas reunións, nas que tamén estiveron presentes o edil Miguel Ángel Pérez e o comercial de SEA José Rey Hermida, abordouse a preocupación ante a inexistencia do enlace co polígono, no proxecto presentado pola Xunta de Galicia de ampliación da “Vía de Altas Prestacións” da Costa da Morte.

Por este motivo, Beatriz Sestayo e Mónica Rodríguez tamén se reuniron no Concello co representante da Plataforma Corredor Xusto, Miguel Queiro. A rexedora de Vimianzo amosou a súa “gran preocupación” pola ausencia desa conexión, de apenas 1,5 kilómetros, dentro do proxecto autonómico presentado recentemente e incidiu na súa trascendencia tanto para o polígono como para o desenvolvemento de Vimianzo.

Beatriz Sestayo anunciou que SEA formulará alegacións ao proxecto de ampliación da Vía de Altas Prestacións – plantexada para 5,8 kilómetros de corredor entre Santa Irene e a AC-432--, debido a que se trata dunha vía de carácter autonómico e na que a competencia é claramente da Xunta de Galicia. Ademais, ao estar rematado o polígono empresarial dende hai case 10 anos xa non se trata dunha competencia estatal.

Sestayo incidiu no feito de que este enlace é necesario e beneficioso non só para o polígono empresarial senón para o crecemento e o futuro do concello de Vimianzo.

En segundo lugar, a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico avanzou que remitirá nos próximo días un estudo técnico xurídico sobre este enlace, no que se evaluará a necesidade deste enlace e clarificarán as competencias existentes.


“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”

“Suelo Empresarial del Atlántico” xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincias de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimian-zo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo— e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asintan máis dun centenar de empresas.

“Suelo Empresarial del Atlántico”, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; en 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Gali-cia.

Fuente:
Suelo Empresarial del Atlántico