Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

“SEA” OFRECE SEIS PARCELAS EN MALPICA PARA QUE OS EMPRENDEDORES INICIEN A SÚA ACTIVIDADE SEN TER QUE COMPRAR CHAN

14 de enero de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

    • As seis parcelas ofrécense baixo o modelo de Dereito de Superficie, que permite que os interesados abonen só un canon anual sen ter que facerse coa propiedade


    • O sistema trata de impulsar o asentamento empresarial, ao permitir que durante os primeiros anos se poida aprazar gran parte do investimento


    • O primeiro e o segundo ano as empresas poderíanse asentar por un canon de só 900 euros anuais
     
Mércores, 14 xaneiro 2020

Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. SME (SEA) ofrece actualmente ata seis parcelas no seu parque empresarial de Malpica (A Coruña), un dos trece que xestiona en Galicia, baixo réxime de Dereito de Superficie, que permite ás empresas iniciar a súa actividade sen necesidade de adquirir o chan industrial.
Con esta fórmula, a entidade trata de “favorecer o desenvolvemento empresarial”, cunha “opción moi atractiva”, que permite ás empresas aprazar a maior parte do investimento nos primeiros anos, destacou a xerente de SEA, Beatriz Sestayo.


De forma concreta, no parque empresarial de Malpica ofértanse baixo este sistema as parcelas 15, 16, 17, 18, 19 e 20. Catro delas contan cunha superficie de 1.000 metros mentres que as dúas restantes alcanzan os 1.466,47 metros cadrados.


Os dous primeiros anos, os adxudicatarios terían que abonar 900 euros anuais máis IVE no caso das parcelas de 1.000 metros e 1.319,82 máis IVE, tamén ao ano, para as de 1.466 metros cadrados. En cifras, o custo durante os dous primeiros anos situaríase, para as parcelas de 1.000 metros, en 75 euros ao mes.
O terceiro e o cuarto ano as cifras incrementaríanse levemente, pasando a 1.500 e 2.199,71 euros, en función do tamaño da superficie. A partir do quinto ano, o empresario poderá optar por comprar a parcela, cun desconto parcial das cantidades que abonou anteriormente, ou ben seguir baixo este réxime, abonando un canon anual, coas actualizacións correspondentes, ata un máximo de 30 anos.


Esta fórmula permite ao empresariado constituír hipoteca sobre o seu dereito de superficie conforme ao disposto no artigo 107 da Lei Hipotecaria, unicamente co obxectivo de garantir as débedas contraídas pola construción do edificio proxectado.


O parque empresarial de Malpica conta cunha superficie bruta de 54.979 m² e neta de 30.989, cunha edificafibilidade industrial de 13.655 m², terciaria de 18.990 e total de 32.645.


Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., SME é unha sociedade participada nun 83,44% por Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.
 

Fuente:
Suelo Empresarial del Atlántico