Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

“SEA” PARTICIPA NA MESA “OURENSE INDUSTRIAL” E ABOGA POLA COLABORACIÓN CO ÁMBITO EMPRESARIAL E A COORDINACIÓN ADMINISTRATIVA

21 de febrero de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, asistiu, xunto co Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, á primeira reunión da mesa “Ourense Industrial”, impulsada pola Asociación de Empresarios do polígono de San Cibrao

“SEA ponse a disposición, xunto á SEPES, para colaborar co ámbito empresarial, para o que estamos elaborando o I Plan Estratéxico que presentaremos en breve”, resaltou a xerente de SEA

Beatriz Sestayo defendeu a necesaria “visión global” da provincia e resaltou que SEA está estudando actuacións na provincia de Ourense

Venres, 21 de febreiro de 2020

A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, asistiu esta mañá, xunto ao Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, á primeira reunión da mesa “Ourense Industrial”, impulsada pola Asociación de Empresarios do polígono de San Cibrao.

Despois de agradecer á invitación, resaltou que “SEA ponse a disposición, xunto á SEPES, para colaborar co ámbito empresarial” e avanzou que a entidade –dependente nun 84% do Ministerio de Transportes—está a elaborar “o I Plan Estratéxico, que presentaremos en breve” e co que se tentarán establecer sinerxias e impulsar o asentamento empresarial”.  

Nesta liña, Beatriz Sestayo avanzou que Suelo Empresarial do Atlántico está actualmente estudando distintas actuacións na provincia de Ourense e abogou pola necesaria “visión global” da provincia e pola colaboración institucional como piares fundamentais para lograr o desenvolvemento empresarial e para abordar inversións públicas.

Na xuntanza, explicou as últimas accións desenvolvidas por SEA coas que se trata de impulsar o asentamento de empresas nos seus polígonos, con medidas que facilitan a financiación das compañías durante os primeiros anos de desenvolvemento, como o Dereito de Superficie.


“SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO”

Suelo Empresarial do Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.