Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

“SEA” TRANSMITE Á FEGAPE O APOIO Á SÚA DEMANDA DUNHA LEI DE PARQUES EMPRESARIAIS GALEGA

19 de junio de 2020  por Suelo Empresarial del Atlántico
Foto

A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, reuniuse cos representantes da Federación Galega de Parques Empresariais, nunha primeira toma de contacto na que transmitiu o seu apoio á demanda da organización de que Galicia conte cunha Lei de parques empresariais

Beatriz Sestayo púxose á disposición da Fegape para colaborar en todos os ámbitos de interese común e pediu a colaboración da Federación na elaboración do primeiro Plan Estratéxico co que contará SEA

Mércores, 17 de xuño de 2020

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, mantivo unha reunión nas dependencias da entidade en Santiago de Compostela cos representantes da Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape), co obxectivo de establecer puntos de encontro e de colaboración que contribúan á dinamización socio-económica de Galicia e á creación de emprego.

Beatriz Sestayo púxose en contacto coa Fegape despois de coñecer que a entidade estaba interesada en manter unha reunión con SEA para plantexar a súa demanda de que Galicia conte cunha normativa que regule o funcionamento e a dinamización dos parques empresariais, como recentemente se aprobou na Comunidade valenciana.

Neste senso, a xerente de SEA transmitiu o seu apoio á demanda dunha normativa que aúne as necesidades e as obrigas dos actores implicados, así como a xestión dun funcionamento integral das áreas industriais de Galicia, co obxectivo final de mellorar a coordinación e propiciar un mellor servizo ao ámbito empresarial.

En paralelo, no transcurso da reunión, Beatriz Sestayo informou aos membros da Fegape da próxima elaboración do que será o primeiro Plan Estratéxico de Suelo Empresarial del Atlántico e para o que pediu a colaboración, coas aportacións que consideren oportunas, da entidade empresarial.

Na reunión estiveron presentes David Sobral, secretario xeral de Fegape; Isaac Rodríguez, administrador dos polígonos de Alvedro, Espíritu Santo y Teixeiro; Yolanda López, xerente AE Polígono San Cibrao; Francisco Domínguez, xerente de Aemos; Pablo Rodríguez, xerente do Polígono Carballo; José Manuel Rodríguez, xerente AE A Pasaxe e Antonio Armesto, xerente AE Polígonos O Ceao y As Gándaras.

Sestayo lembrou que Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.