Saltar a: Menu | Cuerpo | Pie

< volver

3 de julio de 2019  por AYUNTAMIENTO DE RIANXO
Foto

 

Beatriz Sestayo, a nova xerente da empresa pública SEA SUELO, xestora de varios parques empresariais, entre eles o de Rianxo, realizou a primeira visita ao parque de Té. Acompañada do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, de Mari Carmen Figueira, previsibelmente nova primeira tenente de Alcalde, e do responsábel comercial de SEA SUELO, José Rey, realizaron unha visita a algunhas das empresas abertas nestes momentos e analizaron proxectos en marcha que con seguridade serán realidade en vindeiras datas.

Desde o Concello trasladouselle á empresa a demanda dalgúns empresarios de naves modulares de alugueiro ou axuda na procura de fórmulas de realizar actuacións públicas. Coñeceron tamén as dúas parcelas de equipamento público, unha delas coincidiron idónea para a implantación dunha nova escola infantil.

Tamén se falou da necesidade de mellorar a sinalización na autovía do acceso ao polígono, unha vez seguen negando instalacións de sinais anunciadores na autovía do Barbanza malia terse requirido en varias ocasións desde o Concello.

Foi desexo de ambas as partes manter o contacto fluído para fomentar a ocupación, desde os incentivos municipais como Concello Emprendedor cunha serie de bonificacións fiscais a seguir potenciando a publicidade nos medios deste parque en óptima situación para a implantación de empresas e ben comunicado no eixe Coruña-Vigo.

Tamén coincidiron na necesidade de seguir implantando melloras como sería a xa instalada videovixilancia, as melloras na iluminación led, a rede rápida, entre outras.

Lembrar que a empresa SEA SUELO é participada nun 85% polo Estado e o 15% pola Xunta de Galicia e son donos das parcelas resultantes.